SEMENTEIRA 2014


Despois dunha fin de semana intensa, só nós queda agradecervos moitísimo a todos os que vos pasestes pola FESTA DA SEMENTEIRA na súa terceira edición e compartistes con nós, unha grande fin de semana no Muíño da Regueira. Aos participantes nas Olimpiadas, aos que acudistes ao Xantar Popular,aos asistentes aos concertos,monólogo,labranza,sementeira e demais actividades; aos artesáns e a tod@s os que amosastes os vosos produtos no Mercado da Festa da Sementeira, a tod@s .... mil grazas por asitir e ser comprensivos con nós.
Queremos destacar tamén a predisposición, amabilidade, simpatía e colaboración (ademais do seu bo facer) de Sanamá, Sergio Pazos, Zurrumalla, Sacha Na Horta, Os escornabois, a banda de gaitas do Nautilius Svcd, e aos Sete Cuncas, foi un pracer, así dá gusto. Agradecer tamén á xente que axudou a completar colorido músical á festa como os amigos de Os Catro Quintos e a algúns amigos que fixeron soar os seus instrumentos por toda a festa.

Esta festa non sería posible sen a axuda de moitos veciños e amigos do Colectivo Cultural Alternativo MALAHERBA, que colaboraron co seu traballo, achegas de materiais e diferentes obxectos, animais, automóbiles, ferramentas,trofeos... nin tampouco sería posible sen a axuda das asociacións que colaboraron con nós dun xeito desinteresado: AVV "A Unión" de Matamá ,  Comunidade de Montes, Nautilius SVCD, SCA de Matamá, o Club de Raza Can de Palleiro e a comisión de Festas das Neves. Non hai palabras para agradecervos o voso traballo, predisposición a axudarnos, e comprensión.


Ir a Olimpiadas do Campo 2014

   
Que debedes saber os que queirades montar un posto de artesán, que non venda comida, na III Festa da Sementeira:


  Por poñer un posto de artesán que non venda comida imosvos pedir unha colaboración de 10 euros.
  O posto(o traedes vós) se non é de madeira, debedes disimular o plástico ou ferro,con tela de saco por exemplo.
  Debedes vir vestidos en concordancia coa festa, de lábrego/a , traxe tradicional... podedes estar todo o tempo que queirades mentras duren as actividades da festa os dous días, pero vós lembramos que non imos poñer luz para os postos.
  Os textos dos carteis que expoñades nos postos deberán estar en galego.
  Indicanos o nome, telefono de contacto e un correo eléctrónico. Número de metros do posto (de primeiras o espazo destinado a cada posto son 2m. de longo x 0,80m. de ancho), e que é o que vas vender.
 **Importante:O espazo destinado para situar os diferentes postos pode ser de terra ou de asfalto, segundo o espazo dispoñible.  Os artesáns deberán aceptar o lugar que lles sexa asignado pola organización, sen lugar a reclamación
  Horarios:
  O sábado 25 de Abril, debedes montar o posto antes das 14:30,non se permitiran vehiculos na zona da festa, despois desa hora;
  O domingo 26 de Abril, debedes montar antes das 10:00, non se permitiran vehiculos na zona da festa, despois desa hora.
  Se decides montar o posto na Sementeira ingresa os 10 euros na conta do Colectivo Malaherba: 2100-5980-66-0200007504(la Caixa).  Poñendo: "Artesán, (+nome ,do artesán ou do posto)," . Unha vez ingresados os 10 euros quedará reservado o teu posto. 
DEBEDES  CONFIRMAR QUE O INGRESO ESTÁ FEITO,enviando un correo a colectivomalaherba@gmail.com
O prazo para reservar o posto, remata o martes  21 de Abril.

   Lembra que o espazo é limitado, é importante que reservedes a vosa praza o antes posible, para non quedar fóra. Apertas!!


Percorrido do facho olímpico

   O Sábado 26 de Abril, como acto de inauguración das Olimpiadas do Campo e da Festa da Sementeira 2014, temos pensado prender a chama Olímpica nos arredores do muíño da Regueira. E como non, antes haberá percorrido olímpico co facho. A todos os deportistas de campo ou non....QUEN SE APUNTA A FACER UN RELEVO OLIMPICO DE CAMPO, ESCOLTADO POR CHIMPINS????
   A lonxitude do percorrido dependerá do número de corredores dispostos a pasear o lume olímpico polas rúas de Matamá, e o tramo no que portará o facho cada corredor rondará entre os 100 e os 500 metros. O lume chegará ao Muíño da Regueira ao redor dás 16:00 H.(o percorrido se realizará a partir das 15:00H.), intre no que se inaugurarán as olimpiadas do Campo e a festa da Sementeira.
    Ponte en contacto con nós, canto antes, se estás interesado en portar o facho olímpico en colectivomalaherba@gmail.com


4 comentarios:

  1. Heyyyyyyy, ¿facemos algo para a sementeira? Exposición de cestería tradicional, taller cos pequechos (fan un lapiceiro para eles), demostración????? Ou, se houbera un carro vello, podíamos forralo de vimbio, como facian os nosos devanceiros, ou facemos una grade de madeira e corres. Pensadeo. Carliños cesteiro

    ResponderEliminar
  2. Este ano non deixades montar postos que vendan comida?

    ResponderEliminar
  3. De primeiras, de xantar e beber montamos nós. Como xeito de financiamento da festa. Pero Escoitamos ofertas hehehe Apertas!!

    ResponderEliminar
  4. tristan castro martinez30 de abril de 2014, 04:28

    espero ver la fiesta de la sementeira

    ResponderEliminar